Entrega do Premio Repsol na Coruña

Categoría: Nova

O escritor Santiago Lopo recibirá este mércores o premio pola súa novela A DIAGONAL DOS TOLOS.
No acto, que se celebrará na Fundación Paideia e durante a cal haberá un recital de nenos da Orquestra Sinfónica de Galicia participarán, canda o autor, o Conselleiro de Educación, Xesús Vázquez, o Vicepresidente de Fundación Repsol, César Gallo, e o director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes.
No libro premiado, o autor vigués sitúa ao lector na illa Reunión, de nacionalidade francesa e plantada no oceáno Pacífico, á que viaxou nun momento dado e da que recolleu recortes, en concreto, dunha carreira mitificada polos amantes do running que leva aos participantes a circundar o terreo en tres días, nos que apenas dormen para percorrer 160 kilómetros. Contaba o autor que o circuito supón para o protagonista do conto un esforzo físico, pero tamén unha viaxe instrospectiva. A competición marca o ritmo no que sucede a trama, á que Santiago se encargou de alimentar de interese porque sinala que todos os seus escritos caracterízcanse por tratar de "tirar do lector e non aburrir".
Dicía a representante do xurado e última gañadora do premio, Berta Dávila, que se trata dunha narración na que conflúen duplicidades e que se formula como a fuxida de si mesmo. En medio dunha paisaxe de vexetación exuberante da que o escritor quedou prendado, a acción leva implícita una reflexión sobre o home postcolonial e a débeda histórica.
O texto, dotado con 12.000 euros ao destacar por riba dos outros 30 presentados, vai rebelando "o obxectivo da carreira, quen corre e porque o fai", algo que vai en consonancia coa propia historia da illa. Para iso, Santiago trazou un esquema da duración da proba para repartir o suspense en 50 folios que agora saen publicados da man de Galaxia.
Neste aspecto, o vicepresidente da Fundación Repsol, César Gallo, falaba trala concesión do premio da suma de esforzos por facer que o premio medre por parte da Xunta que colabora igual que a Real Academia Galega, a Asociación de Escritores en Lingua Galega e Galaxia.

Comparte nas túas redes sociais ou por email