Este venres será o acto de entrega do prestixioso Premio de Novela Manuel García Barros, ao que a nosa editorial está vencellado, no Teatro Principal da Estrada. Nesta nova edición, o galardoado foi Antonio Piñeiro, autor da novela 'As fiandeiras', novela na que se xoga cos enigmas da historia e as emocións humanas, sen dúbida, dous bos ingredientes para seducir aos lectores e lectoras.
A novela recibiu o galardón por unanimidade e, segundo o xurado, "é intensa, reveladora e sutil e achega a historia dun tempo pasado lexible en clave presente, abrindo vías que convidan a repensar realidades como o poder, o xénero, o educativo ou o avance do progreso. Novela de prosa moi plástica e cinematográfica, presenta unha trama ambientada nos tempos das revoltas cantonais do século XIX na que se desenvolve unha historia moi elaborada na caracterización psicolóxica dos personaxes, con decisiva pegada simbólica, onde se producen desvelamentos susceptibles de ser lidos dende a denuncia do social e que acaban por debuxar un delicado retábulo de seres e vivencias".

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR