Encontro con Xosé Neira Vilas en Pontevedra

Categoría: Nova

Despois da conversa do mes pasado con Emilio Pérez Touriño, dende Onda Cero Pontevedra continúan con esta singular actividade que, desta volta, trae como protagonista ao autor do libro máis traducido da literatura galega, as 'Memorias dun neno labrego' de Xosé Neira Vilas.
Como na anterior ocasión, a xornalista Susana Pedreira faralle unha entrevista na Librería Cronopios aberta á participación do público.
Ao remate o autor asinará exemplares das súas obras.

Comparte nas túas redes sociais ou por email