Eli Ríos presentou o seu novo libro na Coruña

Categoría: Nova

A de onte mércores foi unha xornada feliz para a nosa editorial na Feira do Libro da Coruña. Foi necesario ir buscar máis cadeiras para acoller a tanta xente como a que quixo acompañar a Eli Ríos na presentación do seu libro ‘Marta e a píntega’ que vimos de publicar na nosa colección Árbore 10 anos.
Logo da intervención do editor, Francisco Castro, a profesora de Educación Infantil, Nuria González tomou a palabra para loubar o libro e amosar as posibilidades didácticas que contén, ademais dos seus valores literarios, para aprenderlles á cativada a superar retos, enfrontarse aos medos, evitar prexuízos.
O libro, que está a ser un dos máis vendidos do país na súa categoría, foi defendido pola súa autora cunha lectura dun fragmento que fixo a delicia dos presentes.
Marta e a píntega xa triunfan polo mundo adiante.

Comparte nas túas redes sociais ou por email