A Editorial Galaxia recibe a visita da Marea Galeguista

Categoría: Nova

Hoxe recibimos na Editorial Galaxia a visita institucional da Marea Galeguista, encabezada por Peque González e Sara Valenzuela. Quixeron partillar con nós as súas ideas programáticas en relación ao mundo da edición. Con esta, péchase o ciclo de visitas que co gallo da convocatoria electoral os distintos partidos políticos quixeron facernos. Os partidos que o solicitaron e que por aquí pasaron foron, en orde da súa visita, o BNG, o PP, o PsdG – PSOE e a Marea Galeguista.

Comparte nas túas redes sociais ou por email