A Feira do Libro de Vigo trasládase á rúa Progreso, detrás do Marco, despois de tres décadas na beirarrúa exterior da praza de Compostela. Alá estará a Editorial Galaxia presentando as súas novidades, dende este sábado día 4 de xullo ata o próximo venres día 10. Velaquí a programación de actos:

Sábado 4
20h30 A escritora Iria Collazo López presentará a súa primeira novela, Coma unha áncora, acompañada do escritor e editor Francisco Castro.

Luns 6
20h30 Presentación de A identidade fascinada de Antonio Piñeiro. Coa participación do autor, do crítico literario Ramón Nicolás e dos editor Carlos Lema.

Martes 7
19h00 Presentación da fotobiografía de Ramón Otero Pedrayo. Coa presenza dos autores, Patricia Arias Chachero e Afonso Vázquez-Monxardin, e do Presidente da Xunta de Goberno da Fundación Otero Pedrayo, Vitor Fernández Freixanes.
19h45 Presentación do novo número de GRIAL, dedicado a Albert Camus e Galicia. Participan Dolores Vilavedra, Carlos Fernández e Damián Villalaín e o codirector da revista, Víctor F. Freixanes.
20h30 Homenaxe poética a María do Carme Kruckenberg. As e os poetas de Vigo recitarán os seus poemas e o grupo Xardín Desordenado interpretará unha canción sobre os seus textos. Mantén o acto: Mercedes Queixas Zas.

Venres 10
19h45 Presentación de Pequenas historias para falar de emocións e sentimentos, de Julia Fernández Rodríguez. A autora estará acompañada polas profesoras de música Victoria Pérez e Rosa Gayoso, o músico Moisés Quintas e polo editor Francisco Castro.
20h40 O escritro Xosé María Álvarez Cáccamo presentará a súa primeira novela, As últimas galerías, acompañado da escritora Xina Vega e o director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR