O 10% da súa venda online será destinada ás librerías que decidan os compradores.

Dende hoxe, o 10% das vendas de cada pedido que se faga dende a nosa páxina web irá destinado á librería que se nos indique. Con esta medida, a Editorial Galaxia, consciente do gran reto ao que nos enfrontamos todas e todos nesta situación delicada, en especial as librerías, quere contribuir a que este período confuso sexa máis doado de levar.

Ler é un ben de primeira necesidade, e as librarías, o espazo fundamental que garda e promove as historias que nos emocionan, por iso merecen o noso apoio, o de toda a sociedade. Así pois, entregaremos o 10% do prezo de cada libro,  mentres dure esta época de emerxencia sanitaria, á librería que o comprador ou compradora así nos indique.

#Euapoioaslibrerias

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR