A Feira Internacional do Libro, que desta volta terá lugar en Madrid entre os días 4 e 6 de outubro, contará este ano coa presenza da Editorial Galaxia. LIBER é unha feira de carácter profesional promovida pola Federación de Gremios de Editores de España e que se organiza nas cidades de Madrid e Barcelona.

Este ano LIBER regresa a Madrid, organizada polo IFEMA, para celebrar o seu 35 aniversario e con Arxentina como país convidado. Esta convocatoria suporá o maior encontro internacional do libro en español, con capacidade de ofrecer oportunidades de negocio ás principais empresas editoriais.

Considerada xa a primeira mostra dedicada ao libro en lingua española de Europa, e como principal centro de negocio e intercambio profesional, está aberta a todos os sectores do libro, con especial atención aos contidos dixitais, ás novas editoras, á autoedición e á propiedade intelectual. Galaxia non quería perder a ocasión de estar alí representando un modelo pioneiro de resistencia e crecemento cultural nun contexto minorizado, e reclamando unha vez máis un lugar para a literatura galega no mundo.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR