Dúas traducións de Galaxia obteñen axudas da Comisión Europea

Categoría: Nova

Unha moi boa nova e a confirmación de que imos polo bo camiño na aposta firme da publicación de narrativa europea e universal, combinando as novidades -publicadas antes ou ao mesmo tempo ca en castelán- cos grandes clásicos. Un chanzo máis no avance cara á normalidade nas relacións entre o campo literario galego e as restantes literaturas do mundo.

Da beleza, de Zadie Smith, de próxima publicación en tradución de Eva Almazán, foi Premio Novela Europea 2007. Antes do verán presentaremos, dentro da colección Clásicos Universais, As flores do mal, de Charles Baudelaire, traducido por Gonzalo Navaza.

Comparte nas túas redes sociais ou por email