Tanto nas feiras de Vigo como da Coruña foi o autor máis celebrado, e en Sanxenxo (nas fotografías) as fileiras de lectores que pedían asinar os seus libros prolongouse ata as dez da noite do pasado 18 de agosto.

Da "A praia dos afogados" Editorial Galaxia publicou o pasado mes de abril 5.000 exemplares. Xa está en máquinas a segunda edición, que constará doutros 5.000 e empezará a distribuirse en setembro. "Ollos de auga", a primeira novela do autor, que saiu do prelo no 2006, vai pola sexta reimpresión.

Leo Caldas converteuse xa nunha referencia obrigada para os amigos da novela policiaca. A paisaxe das rías, moi principalmente a cidade de Vigo, configúranse coma o marco ideal para o desenvolvemento das historias, que están xa traducidas a varios idiomas, entre outros o inglés, italiano, alemán, checo, castelán (Editorial Siruela) e o búlgaro.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR