Diante do descenso do galego, apelando á cidadanía

Categoría: Nova

Este venres toda a prensa galega recolle os resultados de informes tristeiros que constatan que o galego está a perder falantes, en especial entre a mocidade, e que en cada vez máis poboacións galegas o castelán se volve hexemónico. De seguirmos así, falar de monolingüísmo en Galicia non vai ser unha esaxeración.

Daquela, quizais é o intre, xa que logo, de apelar á cidadanía, como nos propón Henrique Monteagudo no seu ensaio 'As razóns do galego. Apelo á cidadanía', que vai presentarse no concello de Ames este sábado ás 17 horas na Praza do Concello acompañado polo escritor e director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes.

Comparte nas túas redes sociais ou por email