Día Mundial do Teatro

Categoría: Nova

Hoxe celébrase o Día Mundial do Teatro, un xénero que dende a Editorial Galaxia consideramos esencial na vida cultural de toda sociedade. Unha ferramenta versátil que ás veces sinala os aspectos máis incómodos de todas e todos nós, noutras ocasións, sérvenos para facer humor de nós mesmos. A Obra dramática, de Andrea Dunbar, pertencente á colección de teatro de Galaxia coa ESAD, é unha das nosas últimas novidades.
As tres pezas contidas neste volume presentan a experiencia vital, e real, dun conxunto de mulleres que habitan mundos moi marcados pola violencia, a exclusión e todo tipo de precariedades e carencias.
Por outra banda, Lobísimo do saco. Tres titiritadas, de Bernardino Graña, escolle aos animais como protagonistas nunhas historias que conteñen moito humor, pero que tamén invitan a reflexionar sobre o abuso do poder, a tiranía, en definitiva, o terrible que é para unha sociedade perder a liberdade.
Dende a Editorial Galaxia, xunto co Concello do Porriño, o IES Ribeira do Louro, convocamos o III Premio Roberto Vidal Bolaño, un certame que nace pola necesidade de fomentar a escrita de textos teatrais dirixidos ao alumnado de ESO e Bacharelato. Aproveitamos a ocasión para convidarvos a todas e todos a participar. Podedes acceder ás bases premendo aquí.

Comparte nas túas redes sociais ou por email