Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil

Categoría: Nova

As Árbores de Galaxia están repletas de froitos este ano. Novos libros para todos os banzos lectores, pero tamén libros de sempre que recuperamos en novo formato. Para que non se escape ningunha das novas árbores e poidades ter en conta o bosque completo que, dentro da literatura infantil e xuvenil, Editorial Galaxia foi configurando ao longo de todos estes anos, presentámosvos o adianto do novo catálogo Árbore que editaremos proximamente. A suxestiva cuberta da árbore das letras é de Andrés Meixide, e en cada páxina deste catálogo atoparás información sobre obras, autores, ilustradores, xéneros e tendencias temáticas. Será, a bo seguro, unha excelente ferramenta para programar as lecturas dos máis novos neste mes de abril que, como cada ano, sabe a novo, e a conto e a poesía que os nenos e as nenas gustarán de ler.

Descargue a portada do Catálogo

Descargue o Catálogo de Árbore Laranxa

Descargue o Catálogo de Árbore Azul

Descargue o Catálogo de Árbore Verde

Comparte nas túas redes sociais ou por email