Este 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar da Paz e a Non Violencia. Dende o ano 1964 conmemórase esta data, coincidente co asasinato de Mahatma Gandhi, principal figura da resistencia pacífica no mundo.

Cada vez estamos a vivir nun mundo máis complexo, no que as rapazas e rapaces teñen acceso a todo tipo de información para a que as súas cabezas, que aínda non están preparadas, están expostas, cada vez máis, a unha realidade máis violenta. Neste contexto, é moi importante que os axudemos coa literatura, sembrando neles valores de respecto, amor, xustiza, liberdade, equidade, tolerancia, responsabilidade, lealdade… Os libros infantís axudan a promover estas ideas de paz e non violencia. Bo exemplo disto é o libro de Carlos Casares A galiña azulconsiderado por moitos especialistas en literatura infantil e xuvenil, como un dos primeiros textos infantís galegos a favor da tolerancia, en contra da guerra e toda clase de violencia. Un libro que foi escrito para Ana, unha nena que se foi de Galicia cando tiña dous anos. Para que non esquecese a súa terra, e para que soubese das cousas que acontecían na súa ausencia.

Unha boa formación emocional é un seguro para persoas máis felices e confiadas.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR