Descarga de balde un relato do novo libro de Iván García Campos

Categoría: Nova

Durante este mes de agosto, dende un banner activo na web da nosa Editorial, é posible descargar o primeiro relato do novo libro de Iván García Campos, 'Cuestións vitais secretas', un volume no que o autor bota luz sobre aspectos da realidade que, polo xeral, permanecen agochados á ollada normal das persoas.
Un petisco para poder catar a altura literaria deste libro que está a sorprender a crítica e lectoras e lectores.

Comparte nas túas redes sociais ou por email