Como todos os meses, dende a web da Editorial Galaxia activamos o Libro do Mes, unha iniciativa que permite a descarga de balde de partes dunha obra que veña de sair do prelo. Desta volta, o libro escollido é 'Bícame, Frank', a nova novela do escritor Miguel Anxo Fernández e que volve estar protagonizada polo detective Frank Soutelo.
Dende un banner específico poderán descargarse algunhas páxinas en PDF así como acceder a información completa sobre o autor ou a obra, e posibilidades de compartir nas redes sociais.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR