Descarga a adaptación teatral de A boca do monte

Categoría: Nova

Dende hoxe está dispoñible na sección “Materiais” da nosa web unha breve adaptación teatral dalgúns capítulos de A boca do monte, a exitosa novela xuvenil de Celia Díaz Núñez sobre a conquista romana de Galicia.
Esta breve dramatización é ideal para dotar de vida o libro nas aulas a través da súa posta escena, ou do cuestionamento dos procesos de adaptación. Ademais, a peza inclúe recursos sonoros de libre descarga, de xeito que orienta a quen empregue a traballar tamén nos demais eidos do mundo do teatro: o son, os traxes, os decorados, e todas aquelas labores técnicas que miúdo pasan máis desapercibidas. Un material que anima a seguir traballanda e que, sen dúbida, fai máis atractiva se cabe a lectura da novela.
Tamén podes descargar a dramatización aquí.

Comparte nas túas redes sociais ou por email