David Pintor, seleccionado para a Feira de Bolonia

Categoría: Nova

O ilustrador David Pintor ven de ser seleccionado para participar na vindeira Feira de Bolonia.
Para a gran familia que é Galaxia este é un motivo máis de ledicia que, dende aquí, queremos compartir ao tempo que felicitamos de corazón este novo logro dun artista que está chamado a seguir sorprendéndonos cada día máis.
Para mostra, un botón: o traballo delicioso, en colaboración con Carlos López, 'Os oficios de chuquelo' que vimos de publicar na colección Os Duros.
A mostra, á que se presentaron máis de 2000 ilustradores de todo o mundo, seleccionou a un total de 87 ilustradores, e permanecerá exposta durante a celebración da Feira os días 23 a 26 de marzo de 2010.
A Feira de Bolonia, especializada no libro infantil, é a máis importante do mundo no seu xénero. É a segunda vez que o ilustrador é seleccionado en Bolonia, sendo a anterior vez en 2007. Xunto con David Pintor, foron seleccionados os seguintes ilustradores españois: Mónica Calvo, Juancrís Beira, Violeta Lópiz, Patricia Metola, Elena Odriozola e Miguel Tanco.

Comparte nas túas redes sociais ou por email