Da tele ao libro. E con moita música

Categoría: Nova

Este sábado e domingo van estar cheos de actividades pensadas para os nenos e para o resto da familia.
Por unha banda, dous libros nacidos de senllos programas da TVG, CRIATURAS e ONDE MERCAN OS LARPEIROS, terán un gran protagonismo este sábado. Por outra, nunha actividade pensada para os cativos, o grupo de música Mamá Cabra presentará, cun concerto, o seu novo libro-disco XA ME TARDAN ESTES MAGOS.
CRIATURAS presentarase ás 19 horas no Corte Inglés da Coruña, en Marineda City, coa participación do presentador do programa, Juan Fuentes.
ONDE MERCAN OS LARPEIROS será motivo de conversa na Praza de Abastos de Allariz, tamén ás 19 horas. Os que por alí se acheguen, ademais de poder conversar con Tomás Alonso, un dos 'larpeiros' autor do libro, poderán gozar dunha degustación de produtos da Repostería Fina Rei.
Finalmente, o domingo, o grupo Mamá Cabra estará ás 18 horas na FNAC da Coruña para interpretar algunhas das panxoliñas incluídas no seu novo libro-disco, XA ME TARDAN ESTES MAGOS.
Daquela, propostas variadas para unha fin de semana de libros, sabores, e músicas.

Comparte nas túas redes sociais ou por email