Cunqueiro, hoxe, cen anos

Categoría: Nova

Tal día coma hoxe nacía en Mondoñedo Álvaro Cunqueiro. Os principais xornais do país dedícanlle monográficos. A nosa editorial fixo un esforzo importante para poñer na rúa novas edicións das súas obras, o libro-disco de César Morán, a exposición 'No niño novo do vento'…
O autor de 'Merlín e Familia', recuperado para o galego por un dos fundadores de Galaxia, o seu amigo Francisco Fernández del Riego, agasallounos durante a década dos cincuenta, sobre todo nese tempo, algunhas das páxinas máis interesantes e poderosas da literatura xa non galega, senón universal.
Hoxe, Cunqueiro, cen anos. Pero sempre, como el soñou, mil primaveras.

Comparte nas túas redes sociais ou por email