Cuarta edición para PROHIBIDO CASAR, PAPÁ!

Categoría: Nova

Chega ás librarías a cuarta edición de Prohibido casar, papá! no que Fina Casalderrey nos amosa o mundo interior de Elia, con todas as inquedanzas e teimas dunha adolescente.

Internada nun hospital por mor dunha operación de apendicite, Elia alterna a rememoración dos momentos máis importantes da súa vida coas visitas que recibe dos seus familiares e tamén de Berta, a odiada moza do seu pai.

O libro, marabillosamente ilustrado por Marta Rivera Ferner, foi incluído na lista White Ravens 1998

Comparte nas túas redes sociais ou por email