Entre os grandes retos que debe afrontar a Galicia de hoxe en día cómpre destacar a procura de alternativas para o desenvolvemento do rural de cara a garantir o seu futuro e adecuación ás novas realidades do século XXI, sen que iso derive na perda da súa identidade, tradicións e cultura. Así mesmo, considérase preciso potenciar a defensa da lingua galega e a promoción das actividades culturais no ámbito local. Neste sentido, co obxectivo de promover a visibilidade do mundo rural galego e reflexionar sobre as súas problemáticas, posibilidades e retos presentes e futuros a través da creación literaria, o Concello de San Xoán de Río, co apoio e patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e a colaboración da Editorial Galaxia, convoca o «I Premio de Novela da Galicia Rural» para o ano 2020. Trátase dunha convocatoria dirixida tanto autores e autoras xa consagrados como a novos talentos da nosa literatura que, coas súas novelas, queiran contribuír a poñer en contacto aos lectores e lectoras co presente, o pasado ou o futuro do mundo rural galego.

BASES

  1. Poderán optar ao «I Premio de Novela da Galicia Rural» aquelas autoras e autores que presenten novelas orixinais e inéditas,non publicadas ou divulgadas, en todo ou en parte, por calquera medio físico ou electrónico, escritas en lingua galega segundo a normativa RAG/ILG, que sitúen a súa trama na Galicia rural ou que concedan a esta un protagonismo relevante na narración.
  2. As obras deberán ter unha extensión mínima de 100 páxinas, en letra Times New Roman 12, interliñado 1,5 e marxes inferior e superior de 2,5 cm e marxes esquerda e dereita de 3cm.
  3. Cada proposta deberá ser presentada en papel, entregándose 6 copias, impresas a dobre cara, debidamente encadernadas baixo lema e sen ningún dato que identifique á autora ou autor. No envío incluirase un sobre pechado que deberá conter no exterior o lema elixido e no seu interior os datos de autoría correspondente: Nome e apelidos, DNI, enderezo postal, enderezo electrónico, teléfono de contacto e unha declaración xurada na que se indique que se presenta unha obra totalmente orixinal e inédita. Estas propostas serán enviadas ao Concello de San Xoán de Río, Praza Gabino Rodríguez Álvarez, 1, 32770, San Xoán de Río, Ourense, indicando no exterior do sobre «I Premio de Novela da Galicia Rural».
  4. Tras a ampliación do prazo inicialmente establecido, as propostas serán enviadas antes do 30 de setembro do 2020 e o ditame do xurado farase público no mes de decembro.
  5. O premio consistirá na edición da obra por parte da Editorial Galaxia, unha contía en metálico de (1.000€) máis a entrega dun diploma acreditativo, que será entregado nun acto público organizado polo Concello de San Xoán de Río e ao que se compromete a asistir o/a galardoado/a. A contíado premio considerarase unha entrega á alzada en concepto de adianto polos dereitos de autor.O gañador ou gañadora comprométese a renunciar expresamente a calquera pretensión sobre os devanditos dereitos. A Editorial Galaxia resérvase o dereito de publicación, sen limitación do número de exemplares, da primeira edición e reimpresións, reservándose tamén os dereitos preferentes de edición tanto da segunda e seguintes edicións en lingua galega coma da súa tradución a outros idiomas.
  6. Formarán parte do xuradocinco persoas pertencentes ao ámbito da crítica, a escrita, o ensino e o estudo da lingua galega, máis un 3 secretario ou secretaria, con voz pero sen voto, en representación do Concello de San Xoán de Río. O premio será outorgado á obra que reciba o maior número de votos. Comunicarase a composición do xurado tras o peche da recepción de orixinais.
  7. O premio poderá ser declarado deserto no caso de que o xurado o estime oportuno por non reunir as obras a calidade necesaria ou non cumprir cos obxectivos da convocatoria. Esta decisión, así como a concesión, serán inapelables.
  8. Os orixinais non premiados serán destruídos salvo que os autores/as acudan ao Concello de San Xoán de Río a recoller os orixinais. En todo caso, non se devolverán por correo postal.
  9. A participación nesta convocatoria require a plena aceptación dasnormas contidas nas presentes bases.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR