Convócase o Premio de Ensaio Ramón Piñeiro 2018

Categoría: Nova

A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, a través do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, e a Editorial Galaxia, coa co­laboración de Gas Natural Fenosa, convocan o XVIII Premio de Ensaio Ramón Piñeiro. Este premio convócase en memoria do escritor e filósofo Ramón Piñeiro, na tradición do pensamento literario e o xénero de ensaio, e acóllese ao espírito que inspirou a traxectoria intelectual da persoa á que se honra, coa intención de impulsar as formas de creación e expresión do pensamento libre e democrático, a precisión e o estilo da lingua galega, o debate e a reflexión arredor dos temas varios do noso tempo.
Poderán participar todas as persoas que o de­sexen, sempre que os orixinais sexan inéditos e estean escritos en lingua galega. O tema dos ensaios será libre mais os traballos deberán evitar, na medida do posible, o enfoque propio da investigación especializada ou un excesivo carácter académico. O prazo para a recepción de orixinais rematará o 12 de novembro do ano 2018 e a decisión do xurado darase a coñecer no transcurso do mes de decembro. O premio de 3.000 euros será outorgado ao ensaio que, en opinión do xurado, posúa maior fondura e orixinalidade e reúna suficientes méritos estilísticos e literarios. Ademais a Editorial Galaxia publicará o libro na súa colección “Ensaio”. Anímate a participar!
Podes descargar as bases aquí.
 

Comparte nas túas redes sociais ou por email