Convocado o XXX Premio de Novela García Barros

Categoría: Nova

O Concello da Estrada, a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Editorial Galaxia convocan o XXX Premio de Novela Manuel García Barros (Ken Keirades), un dos premios de novela de maior traxectoria en lingua galega e un dos de máis prestixioso palamarés: Marcos Calveiro, Manuel Portas, Alberto Ramos, Anxos Sumai, Santiago Lopo… son só algúns dos autores premiados nos últimos anos.
Nesta edición, poderán concorrer ao premio autoras e autores de calquera nacionalidade que presenten os orixinais escritos, acordes coa normativa oficial vixente en lingua galega, agás os gañadores das últimas 5 edicións. Os textos presentados deberán ser inéditos e totalmente orixinais. O premio terá unha dotación económica de 9.000 euros mais a publicación da obra na colección Literaria da Editorial Galaxia. O prazo de recepción de orixinais remata o 4 de maio de 2018.
Podes consultar as bases aquí.

Comparte nas túas redes sociais ou por email