Conversa ao redor do libro colectivo "Tempos chegados? Sobre o futuro político de Galicia"

Categoría: Nova

O Culturgal dá comezo mañá cun mollo importante de actividades protagonizadas pola Editorial Galaxia que, coma sempre, terá un stand onde amosar as súas novidades e boa parte do seu fondo histórico.
A súa programación, que se extenderá ao longo dos tres días de duración da Feira, arranca cun debate, moderado polo director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes ao redor da obra 'Tempos chegados? Sobre o futuro político de Galicia' e no que participarán Xavier Vence, Justo Beramendi, José Portero e Joám Evans, os catro dos autores do volume.
'Tempos chegados?' é un libro colectivo, editado por Arturo de Nieves e Carlos Taibo, no que se presentan catro propostas sobre a forma de organización política da sociedade galega, tanto no momento actual coma no futuro.

Comparte nas túas redes sociais ou por email