Contos azuis

Categoría: Nova

¿Que fai un especialista en Toponimia de Galicia escribindo un libro para mozos?, podería preguntar quen colla nas mans este "Contos azuis" que estes días chegará ás librerías de Galicia da man de Galaxia e na colección Árbore 12 anos. Aínda que a verdadeira pregunta debería ser: ¿que fai un especialista en Toponimia de Galicia contando que todo pode ser azul?, ¿as lembranzas, a nostalxia, a aventura e a ilusión?

A resposta atópase no libro. E non hai sorpresas. Porque a calidade que demostran os relatos escritos por Fernando Cabeza Quiles permítenos descubir un narrador cun pulso firme e unha man sabia á hora de mergullarnos no universo da imaxinación e da fantasía.

O libro está ilustrado por RuÁn, nun tipo de imaxes mixtas nas que, unindo fotografía e puro debuxo conséguese unha atmosfera suxestiva e, coma os relatos, ben apaixonantes.

Comparte nas túas redes sociais ou por email