Concurso para a cativada

Categoría: Premio

Prezadas familias e cativada:
Temos unha proposta para levar estes días de corentena o mellor posible. Xa que temos que estar na casa, imos tirarlle o maior proveito, pois nos fogares tamén se poden facer moitas cousas. Imos convocar un concurso de debuxo para as nenas e nenos, co cancelo: #LeoNaCasa.
As bases son as seguintes:

  1. Para participar hai que ter entre 4 e 12 anos.
  1. Os debuxos teñen que representar a lectura no fogar. Premiarase a capacidade de enxeño e creatividade da rapazada para representar escenas da vida cotiá en corentena de maneira orixinal.
  1. Precisamos que os familiares nos enviedes unha fotografía do debuxo e que o colguedes nas contas de Twitter (@EdGalaxia) ou Instagram (@galaxiainfantil e @galaxiaeditorial), etiquetando a Galaxia, co cancelo: #LeoNaCasa.

É preciso que sexades seguidores nas nosas redes.

  1. A publicación ten que conter o nome e a idade do autor/a do debuxo.
  1. O prazo ábrese o día 26 de marzo e pecharase o 15 de abril. Un xurado formado polo equipo da Editorial Galaxia, valorando a orixinalidade e creatividade dos traballos, anunciará a persoa gañadora o 19 de abril, a través das nosas redes sociais.
  1. O gañador/a recibirá 10 libros como premio, que poderá escoller no catálogo da editorial. Enviaranse á súa casa unha vez remate o prazo de corentena.

Moita sorte! Agardamos ver axiña as vosas creacións!

Comparte nas túas redes sociais ou por email