Concerto-presentación de PITUSA SEMIFUSA en Ferrol

Categoría: Nova

A Galería Sargadelos de Ferrol acollerá mañá mércores ás 19,30 horas un pequeno concerto que servirá de presentación do libro-disco de Olga Brañas, publicado na colección Sonárbore, PITUSA SEMIFUSA.
Ademais da autora, participarán no acto o ilustrador Leandro Lamas e o editor Francisco Castro.
Durante o acto, Olga Brañas e algúns dos seus músicos interpretarán algúns dos temas que integran este proxecto musical que, a través dunha nena rebuldeira de pelo laranxa, Pitusa Semifusa, nos vai presentando as familias de instrumentos.

Comparte nas túas redes sociais ou por email