Concerto de MARÍA FUMAÇA en Mos

Categoría: Nova

Este domingo, a locomotora imparable de María Fumaça subirase, ás 18 horas, no Auditorio das Pozas de Mos, de novo ao escenario para interpretar as cancións do libro-CD-DVD de mesmo nome. Será unha nova oportunidade para cantarmos xuntos o noso lema máis festivo: Cantar e bailar para ser máis feliz.
Este proxecto literario, musical e audiovisual está arrasando alí por onde pasa. En palabras das profesoras que coordinan o blogue referencial no mundo da educación galega, INNOVARTE INFANTIL, é "un dos proxectos editoriais máis sorprendentes e ricos que vimos nunca". Agora, se queres, podes velo ti. En Mos, este domingo.
Para cantar e bailar ata rebordar de pura felicidade.

Comparte nas túas redes sociais ou por email