Concerto de AS MAIMIÑAS en Vigo

Categoría: Nova

As Maimiñas seguen coa súa rolda de concertos de presentación do seu primeiro libro-disco na colección Sonárbore de Galaxia, UNHA VIAXE POLO MUNDO. Desta volta, aterran en Libros Para Soñar de Vigo.
Unha vez máis, Mai e Miña darán a volta ao noso planeta axudadas por cancións típicas dos lugares que visitan.
Unha oportunidade única para empezar ben a fin de semana. Cantando e bailando coas Maimiñas.

Comparte nas túas redes sociais ou por email