Comeza a Semana da Música Infantil na Feira do Libro de Vigo

Categoría: Nova

Hoxe luns dá comezo, a partir das 20 horas, a Semana da Música Infantil na Feira do Libro de Vigo, unha produción da Editorial Galaxia e que implica cinco concertos dos principais músicos e solistas da música infantil galega.
Hoxe luns será o primeiro dos concertos en pequeno formato acústico de Mamá Cabra, o popular grupo que se centrará nas cancións do libro-disco-DVD, 'Ola, ola, la!' publicado por Galaxia. Repetirán o venres, pechando o ciclo, cos temas doutro dos traballos publicados na nosa editora, 'Bicos de música'.
Por outra banda, mañá será o momento de Magín Blanco, quen levará ao escenario da carpa central da Alameda o seu espectáculo 'A nena e o grilo nun barquiño'

Comparte nas túas redes sociais ou por email