Coloquio sobre o futuro político da Galiza onte en Santiago

Categoría: Nova

Onte, no Espazo Enocultural Vide Vide! de Santiago, celebrouse un coloquio arredor do futuro político de Galicia centrado no libro que vimos de publicar na nosa editorial TEMPOS CHEGADOS. SOBRE O FUTURO POLÍTICO DA GALIZA.
No acto participaron, XUSTO G. BERAMENDI, catedrático emérito de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela e presidente do Padroado do M useo do Pobo Galego, XOSÉ ANTONIO PORTERO MOLINA (1947) catedrático de Dereito Constitucional primeiro reitor da Universidade da Coruña, XAVIER VENCE, catedrático de Economía Aplicada na Universidade de Santiago de Compostela e portavoz nacional do Bloque Nacionalista Galego (BNG) e VICTOR F. FREIXANES, profesor titular na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela e director da editorial Galaxia, quen presentou o libro e actuou de moderador.
No noso blogue deixamos unha galería fotográfica da xornada.

Comparte nas túas redes sociais ou por email