Coloquio entre Francisco Fernández Naval e Antón Riveiro Coello en Santiago

Categoría: Nova

O venres 3 de maio, ás 20.00, na Feira do Libro de Santiago, desenvolverase o acto titulado 'A noite no deserto. Un diálogo sobre a novela e a construción da memoria', con Francisco X. Fernández Naval , autor de 'A noite branca', publicado por Edicións Xerais de Galicia e Antón Riveiro Coello, autor de 'Laura no deserto', publicado pola Editorial Galaxia. Actuará como moderador Armando Requeixo.
Estamos diante de dúas das novelas de máis longo alento e máis importantes das publicadas na nosa lingua nos últimos anos. Ambas as dúas teñen recibido importantes recoñecementos tanto por parte do público como da crítica especializada.
Este venres, e dentro dos actos programados pola Federación de Libreiros na Feira de Santiago, os dous escritores terán a oportunidade de debater diante do público arredor do proceso creativo das dúas obras así como sobre o papel que xoga a literatura á hora de fixar na memoria colectiva as cousas e os feitos importantes.

Comparte nas túas redes sociais ou por email