2020 comeza coma un ano no que gobernan as cifras: o 70 aniversario de Galaxia, os 100 da Xeración Nós… e a chegada do último título da  nosa colección de Ensaio, titulado Habitando historias. 10 experiencias arredor do libro e da lectura, editado por Montse Muriano Rodríguez.

Sen dúbida, unhas cifras ben bonitas que nos fan sentir moi contentos. Non hai moitas posibilidades, en liñas xerais, para a publicación de ensaio, e termos unha colección cun catálogo tan abondante, fainos ver o futuro con máis optimismo.

Seguiremos traballando para que as e os ensaístas poidan ter este espazo onde publicar os seus estudos. Porque unha sociedade culta e normalizada precisa tamén dunha boa e variada colección de títulos de ensaio.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR