O cociñeiro Benigno Campos, presentador do popular "Larpeiros" da Televisión de Galicia ofrecerá unha sesión de Cociña en directo este xoves ás 19 horas na Cociña de El Corte Inglés da Coruña. O cociñeiro anda estes días promocionando o seu novo receitario, "Volve a cociña de Larpeiros", publicado como os anteriores libros por Galaxia, e desta volta vai pasar da teoría á práctica cociñando para todos os que se animen a ir velo, conversando con eles ao tempo que exerce á súa arte, e, finalmente, someténdose ao veredicto da degustación.
Así pois, os que se acheguen a esta sesión de Cociña en Directo con Benigno Campos non só gozarán da súa conversa animada e do privilexio de ver un cociñeiro da súa altura e recoñecemento traballando entre fogóns, pratos e produtos galegos de calidade, senón, tamén a posibilidade de saborear o que saia das súas expertas mans de cociñeiro curtido en mil cociñas.
Benigno Campos exercerá así de oficiante nun banquete ao que todos e todas están convidados.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR