A Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil (OEPLI) deu a coñecer a pasada semana o seu catálogo coas obras máis destacadas publicadas no estado en 2018. Nesta selección participan tamén, como non podería ser doutro xeito, as diferentes seccións territoriais, entre elas Galix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), quen incluíu na súa escolma cinco obras editadas por Galaxia.

O álbum ilustrado Puf! Vaia peido… de Luisa Martínez Lorenzo, un dos grandes éxitos do pasado Nadal que aínda segue a sorprender a lectoras e lectores de todas as idades, foi un dos escollidos nos chanzos infantís. Tamén houbo lugar para recoñecer a labor da nosa editora na difusión do teatro para o público infantil e xuvenil, velaí por exemplo entre as seleccionadas,  A formiga fóra do carreiro de Raquel Castro, e A derradeira bala de Fernando Castro (Premio Roberto Vidal Bolaño 2018). E pechan o quinteto unha novela e un libro de relatos para a mocidade: A filla do minotauro de Marilar Aleixandre (Premio Raíña Lupa 2017), e Amor por catro de Helena Villar Janeiro, que vai xa pola súa segunda edición.

Podes consultar o catálogo ao completo aquí.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR