Volve o mellor Antonio García Teijeiro. E faino cun libro de relatos que publicamos na colección xuvenil Costa Oeste e que titula RAIOLAS DE SOL. Na liña lírica e narrativa á que nos ten acostumados, ofrécenos historias que son precisamente coma a realidade que lle dá título ao volume, raiolas de sol, ou sexa, espazos que consigue iluminar por completo a través das palabras, as tramas e os personaxes que poboan este libro e que quizais permanecían agochados aos nosos ollos.
Todos e cada un dos relatos deste novo libro de Antonio García Teijeiro son coma esas raiolas: alumean vidas, historias, ofrecen pinceladas luminosas sobre parcelas da realidade que nin imaxinabamos. Unha mestura de personaxes inesquecibles. Vellos músicos e mestres e poetas e mentes curiosas dispostas a cambiar a vida para sempre por un verso, por un beixo, por un acorde. Una das obras máis delicadas de produción, intensa e tamén chea de luz.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR