Chega o Inspiraciencia 2018

Categoría: Nova

Ábrese a oitava edición do concurso de relatos de inspiración científica que organiza o Conselloo Superior de Investigacións Científicas coa financiación da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía, e onde a Editorial Galaxia é unha das entidades promotoras. O prazo de presentación de relatos finaliza o 17 de maio.
Facer da ciencia, ficción. Inspiraciencia convídanos a pensar e imaxinar a ciencia dende a creación literaria. O seu obxetivo é fomentar a aproximación ao pensamento científico a través da escrita. Os participantes poden presentar relatos curtos, de como máximo 800 palabras, en castelán, catalán, galego ou euskera, nunha das dúas categorías existentes: mozos (de 12 a 17 anos) ou adulto (a partir de 18 anos). Como novidade desta edición, entregarase un premio accésit Feynman aos relatos de calquera categoría e lingua que traten a obra ou a figura de Richard Feynman; como parte dos actos conmemorativos do seu nacimiento que organizan dende a Associació Catalana de Comunicació Científica.
Podes consultar máis información aquí.

Comparte nas túas redes sociais ou por email