Estes días comeza a chegar ás librarías Os largos e longos campos de liño azul, a nova e agardada novela de Isaac Xubín despois de que gañase o Premio da Crítica Española de narrativa en galego por Non hai outro camiño (2016).

Nesta nova entrega, Xubín volve botar man de xeito maxistral dunha estrutura fragmentaria e coral, un crebacabezas cuxas pezas van encaixando de a pouco e que discorren por camiños que a miúdo se bifurcan ou semellan pouco claros. En Os largos e longos campos de liño azul, o doutor Myà chega á conclusión de que o paciente 500-B carece de alma. Semella carecer, cando menos, de nome, xa que os documentos da institución que dirixe non rexistran ningún dato relativo á súa identidade. O paciente, pola súa banda, insiste en decatarse de que dende a fiestra da súa cela non pode ver os campos de liño azul que caracterizan a paisaxe da súa terra. Rahab e Fresser andan na súa procura, pero non acaban de estar seguros de que atopalo sexa o mellor que pode acontecer. Escóitanse tiros no bosque, alguén está a chamar por teléfono, a derrota aparece no horizonte, tan cerca que se pode apalpar.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR