Chega ás librarías Non trabes na lingua

Categoría: Nova

Estes días comezaba a chegar ás librarías Non trabes na lingua, o novo libro de Antón Cortizas na colección Árbore para lectores a partir dos 8 anos.
Ilustrado con grandes doses de poesía por Pepa Prieto Puy, Non trabes na lingua é, coa retranca coa que o título o indica, un volume de trabalinguas para os máis pequenos. O libro inclúe trabalinguas inventados polo propio Antón Cortizas, outros recollidos en distintos lugares de Galicia, e aínda unha última sección con trabalinguas creados polo alumnado do CEIP Unión Mugardesa. Ademais de deixar algunhas páxinas en branco para que as lectoras e lectores desexosas de continuar co xogo poidan crear as súas propias pezas.
Así, ese novo título de Antón Cortizas (Ferrol, 1954) ensínanos que a lingua hai que coidala en lugar de trabar nela, pero é un dos nosos bens máis grandes. E se acaso xogamos coas palabras, que sexa para trabar no corazón.
Axiña anunciaremos presentacións do libro en Ferrol e Mugardos. Estade atentos! Mentres, buscade o libro nas librarías.

Comparte nas túas redes sociais ou por email