Xa nas librarías Mnemea de Xosé Duncan

Categoría: Nova

Mnemea, miña sombra, meu reflexo, miña dona é a obra coa que Xosé Duncan chega de novo ás mesas de novidades da man da Editorial Galaxia, e desta volta na colección Literaria, despois da boísima acollida entre os lectores de Costa Oeste de As lembranzas perdidas no lago Antelväri (2018). 
Mnemea é a historia dun libro que aínda está por escribir, dunhas páxinas que se resisten a encherse de palabras. A obsesión de Lois Mourinho por rematalo lévao ata os confíns da locura, ao limiar da realidade onde Mnemea o agarda. A sombra dunha muller con recendo a primavera bísballe ao ouvido.  Canto sacrificarías por acadar o éxito? Canta dor serías capaz de provocar con tal de cumprir os teus soños? Que é o realmente importante? Que perdurará de ti cando xa non esteas? Estas son só algunhas das preguntas que Xosé Duncan plantexa ao longo das páxinas de Mnemea e que farán ao lector cuestionarse cada unha das respostas.

Comparte nas túas redes sociais ou por email