Chega ás librarías A fiestra dos soños

Categoría: Nova

Estes días chega ás librarías un novo libro da colección Sonárbore para que os máis miúdos da casa cantes e bailen en galego. A fiestra dos soños é o novo traballo de Trotaventos con ilustracións e textos de Manuel Boquete e música de Ramón Feáns.
Todas as casas teñen unha fiestra dos soños. E ti, vaias onde vaias, levarás a túa fiestra… Porque as fiestras dos soños non están nas paredes, as fiestras dos soños son os ollos soñadores de quen mira.

Comparte nas túas redes sociais ou por email