Chega ás librarías Corpo de Antiochia

Categoría: Nova

Chega estes días ás librarías Corpo de Antiochia, o poemario co que a novísima voz de Tamara Andrés soará con forza nas mesas de novidades de toda Galicia este outono da man da colección Dombate. Un libro que é unha forma de viaxe a través do tempo, das cronoloxías e das maneiras de mirar dunha poeta que quere, nun verso, atrapar os mundo, físicos ou simbólicos, que a circundan. Tamara Andrés demostra neste novo libro ter unha voz poética poderosa de seu.
Tamara Andrés (Combarro, 1992) posiciónase sempre na palabra e a súa medida. Escribe, traduce, ensina, investiga e conta. A comezos de 2015 publicou o libro A mentalista, unha particular homenaxe a René Madritte. Nese mesco ano gañou o Premio de Poesía O Facho con Nenaespiraes. Posteriormente, textos seus foron premiados con diversos galardóns e publicados en obras colectivas, como en Winee-Roses (Le Tour 1987) ou na antoloxía No seu despregar (Apiario).

Comparte nas túas redes sociais ou por email