Estes días comeza a chegar ás librarías A casa do paralelo 54, o novo libro de Iria Collazo López (Barro, 1981) para o público infantil. Publicado na colección Árbore, A casa do paralelo 54 móvese na fronteira entre os últimos chanzos da literatura para cativos, a partir do 12 anos, e as primeiras lecturas xuvenís, e é a primeira incursión da autora neste xénero despois das exitosas Coma unha áncora (2015) e A soidade das medusas (2016).
Contruída cunha imaxinación desbordante, esta é unha historia onde as cousas máis estrañas acontecen coma se fosen normais. Unha casa chea de seres inesperados que parecen sacados dun soño con moita febre. Unha casa con moitos cuartos onde nada é o que parece e todo está cheo de sorpresas.