Chega ás librarías Amor por catro de Helena Villar Janeiro

Categoría: Nova

Este días comezaba a chegar ás mesas de novidades das librarías galegas Amor por catro o novo libro de relatos de Helena Villar Janeiro formado por historias de amores primeiros, eses que deixana máis grande pegada no corazón, os que non se esquecen, os que nos acompañarán na memoria para o resto das nosas vidas.
Nestes relatos atoparemos historias e vidas de xente nova que experimenta o amor, ás veces dende o conflito, mais sempre dende un forte desexo. A autora ocúpase de moitos dos perfís do amor, sen deixar de enfrontarse a temas espiñentos como a violecia de xénero. Un libro co que, estamos certos, han identificarse persoas de todas as idades. Porque, á fin e ao cabo, todos amamos.
Helena Villar Janeiro naceu en Becerreá no ano 1940. Despois de rematar o bahacharelato, fixo estudos de Maxisterio en Lugo e posteriormente licenciouse
en Filosofía e Letras (Sección de Pedagoxía) na Universidade de Madrid. Como escritora cultivou varios xéneros, especialmente a poesía e a narración, pero dedicando unha atención moi particular á literatura infantil e xuvenil. No ano 1984 publicou unha novela para rapaces titulada Patapau. Despois foron aparecendo O día que choveu de noite, Vermiño, A canción do Rei e a novela Viaxe a Illa Redonda. No ano 1991 Galaxia editou O enterro da galiña de Domitila Rois, primeiro libro de Helena Villar dirixido ao público adulto. En 2015 foi nomeada Socia de Honra de Gálix e recibiu a Letra E que lle concedeu a AELG en 2016.

Comparte nas túas redes sociais ou por email