Publicamos unha nova historia de aventuras para os nenos e nenas de dez anos en diante, unha incríble viaxe protagonizada pola cadela máis lista do mundo e un neno que é un pequeno desastre… ou non! Axiña chegará ás librarías Vic e Bombona, a primeira novela de Sara Barreiro (Poio, 1981). Licenciada en Ciencias Políticas pola Universidade de Santiago de Compostela, Barreiro colaborou durante máis de dez anos en El Correo Gallego e con outras Publicacións como Xornal de Galicia. As ilustracións corren a cargo de María Ruiz Castelain

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR