Chega a edición 35 de MEMORIAS DUN NENO LABREGO ás librerías

Categoría: Nova

Hai un par de semanas saía do prelo da Editorial Galaxia, dentro da Biblioteca que leva o seu nome, o libro de Xosé Neira Vilas (a quen recentemente a Xunta de Galicia vén de distinguir coa Medalla de Ouro), 'Memorias dun neno labrego', concretamente a edición número 35 en galego. Sen dúbida, e tendo en conta as moitas linguas ás que está traducido, moi probablemente esta obra é a máis universais de todas cantas se teñen escrito na nosa lingua.
O libro é a memoria de Balbino. E Balbino, 35 edicións en galego despois, é memoria de todas e de todos nós.

Comparte nas túas redes sociais ou por email