Charla-Coloquio en Noia con Francisco Castro

Categoría: Nova

O escritor Francisco Castro participará mañá venres nunha charla-coloquio co gallo da publicación do seu TES ATA AS 10. A entrevista será realizada por Manuel López Rodríguez, nun acto organizado por A Lanzadeira de Alcor e que dará comezo ás 21 h. na Casa da Cultura 'Antón Avilés de Taramancos'.
'Tes ata as 10' é un dos libros máis vendidos en Galicia no último ano e vai camiño xa da terceira edición en 12 meses. Sobre ela, o autor declarou: "Con Tes ata as 10, sobre todo, quixen construír unha novela de intriga, un texto que enganchase desde o principio e que obrigase ao lector ou lectora a seguir lendo un capítulo máis. Pero, sobre todo, a novela quere ser unha historia de amor e de amores, de segredos case gardados, de descubrimentos."

Comparte nas túas redes sociais ou por email