Charla coloquio Con Xavier Alcalá en Ferrol

Categoría: Nova

Dentro dos actos da Feira do Libro de Ferrol, desenvolveremos este venres, ás 11.30 horas, unha charla coloquio con Xavier Alcalá arredor do libro editado pola Editorial Galaxia, 'Viaxes no país do Elal. A Patagonia das aventuras'.
Este libro é unha crónica nacida das travesías que Xavier Alcalá leva feito, nos máis variados medios de transporte, polas latitudes austrais da República Arxentina. O país de Elal é a Patagonia, o inmenso territorio que habitaba a raza dos tehuelches ata que alí chegaron outros homes que a si mesmos se denominaban galegos. Desde Bariloche, na cordilleira dos Andes, ata Punta Arenas, no Estreito de Magallanes, o escritor viaxeiro vai deixando constancia de lugares que se chaman Comodoro Rivadavia, Aldea Beleiros ou Río Gallegos, vestixios inequívocos dun dos episodios máis sobresalientes e aínda descoñecidos da nosa historia colectiva.

Comparte nas túas redes sociais ou por email