Este certame nace pola necesidade de fomentar a escrita de textos teatrais dirixidos ao alumnado de ESO e Bacharelato. Por iso, o IES Ribeira do Louro e a Editorial Galaxia, convocan este certame coa finalidade de crear un fondo de textos teatrais susceptibles de ser representados por alumnado do ensino secundario.

BASES:

  1. Poderán concorrer ao Certame todas as persoas que o desexen, de calquera nacionalidade, con textos teatrais inéditos e non premiados noutros certames, que estean escritos en lingua galega.
  2. As OBRAS serán de temática e extensión libre, se ben hai que ter en conta que van ser interpretadas por alumnos e alumnas de entre 12 e 18 anos.
  3. Cada autor poderá presentar máis dunha obra.
  4. O PREMIO constará dun diploma acreditativo e a edición e publicación da obra gañadora a cargo da EDITORIAL GALAXIA. A tal efecto  a editorial asinará co gañador ou gañadora o correspondente contrato da edición.
  5. O premio poderá quedar deserto se a calidade das obras presentadas non é a axeitada segundo o criterio do xurado.
  6. O PRAZO de presentación de orixinais comeza o remata o 1 de abril de 2018.
  7. O ENVÍO das obras farase a través de correo electrónico ies.ribeira.louro@edu.xunta.es, especificando no asunto do envío “Certame de textos teatrais Roberto Vidal Bolaño”. Enviaranse dous arquivos: un coa obra (con título e lema) e outro coa plica (no que constará o nome e apelidos do autor, lema, título e breve sinopse da obra, teléfono e email).
  8. O XURADO estará conformado polo EDL do IES Ribeira do Louro, profesionais do teatro e un representante da Editorial Galaxia que prestarán especial atención á innovación dramatúrxica, as novas linguaxes contemporáneas e a singularidade temática das pezas.
  9. As obras gañadoras daranse a coñecer no mes de xuño de 2018 e farase un acto de entrega de diplomas, nun lugar que se convirá  a tal efecto,  na última semana dese mes.
  10. Se durante o tempo de presentación e deliberación a obra presentada recibise algún premio ou fose editada, o autor deberá comunicalo á organización do certame, xa que este feito será motivo de exclusión do presente concurso.
  11. O feito de participar neste certame supón a aceptación total destas bases. O non previsto nelas será resolto pola organización.

Podes descargar as bases ao completo aquí.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR